ConcellosO BarcoÚltima hora

Andaina polo Camiño de Inverno ao seu paso polo concello do Barco, o 27 de novembro

A camiñada sairá ás 9:45 horas dende Éntoma e rematará na Proba en torno ás 13 horas

 

Para ir integrando no territorio e coa poboación o Camiño de Inverno, dende o Concello do Barco propuxéronse “agora que xa temos o camiño perfectamente delimitado e sinalizado ao seu paso polo municipio, ir facendo actividades para que a xente o coñeza, que os veciños sexan capaces de informar aos futuros peregrinos de por onde vai o camiño e falar ben dos lugares emblemáticos polos que pasa”. E para iso propoñen a todos os veciños, que participen nunha andaina prevista para o sábado 27 de novembro, dende Éntoma que é onde entra o Camiño de Inverno, ata A Proba onde rematará.

Así o explicaba o concelleiro de Turismo do Barco, Eladio Santos, na presentación desta andaina veciñal á que chamaron “Temos un Camiño”, que contará cun autobús gratuíto que irá recollendo aos participantes dende Viloira, pasando pola praza do Concello, polo Pazo do Castro, a Capela de Outarelo e as Escolas de Vilanova, por onde volverá pasar para deixalos unha vie fializada a ruta, “para que a xente dos pobos participe o máximo posible”, dixo Eladio.

 

 

Trátase dunha andaina, non tanto de carácter deportivo senón divulgativo e cultutal, tanto do Camiño de Inverno coma dos lugares polos que pasa polo que iremos con algún Licenciado en Historia e Xeografía, que nos falarán tanto das características e peculiaridades da paisaxe como dos lugares máis emblemáticos. “Tamén contaremos cos participación de veciños dos núcleos rurais polos que pasemos que colaborarán connosco contandónos historias dos seus pobos”, puntualiza Lalo, engadindo que ao longo da andaina haberá varias paradas (no Barco e en Tremiñá), rematando en torno ás 13-13:30 horas preto da Capela da Proba con petiscos e bebida para todos.

Para a organización desta andaina, duns 8 quilómetros de percorrido, o Concello contou coa colaboración da delegación valdeorresa da Federación Galega de Atletismo. As prazas está limitadas a 50 prazas e será necesaria a inscrición previa, ou ben a través da Oficina de Turismo do Barco, presencialmente ou chamando ao 606 076 918; ou a través da web: http://www.carreirasgalegas.com. Coma sempre manterase o protocolo Covid vixente coa obrigatoriedade do uso da mascarilla.

Este é un dos primeiros eventos que organizarán dende o Concello do Barco para a dinamización e difusión do Camiño porque é algo que quedará para sempre e o que fagamos nestes primeiros anos pode repercutir positivamente na integración e no desenvolvemento económico do Barco porque o Camiño é historia, é relixión e tamén turismo”, di Santos, lembrando que no Barco recoñecéronse dúas variantes: unha que vai por Manuel Quiroga e outra pola rúa Real, “as dúas igual de sinalizadas e que contarán coa mesma protección”.

Fotos: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button