Galerías de fotosÚltima hora

Andaina para reivindicar o Camiño de Inverno por Manzanal del Puerto (León)

Numerosas persoas participaban na xornada do sábado 14 de outubro, na andaina entre Manzanal del Puerto e Torre del Bierzo para reivindicar o paso do Camiño de Inverno por esta localidade leonesa.

De Torre del Bierzo saíron autocares e microbuses para transladar aos participantes ata Manzanal onde tiña lugar a saída despois de recoller unha mochila con auga e froitas. Durante o percorrido fixéronse dous reagrupamentos: un en Montealegre e outra no mosteiro de San Juan de Montealegre, onde o profesor Jovino Andina, coa presenza do presidente e do vicepresidente do Consello Comarcal do Bierzo, Gerardo Álvarez e Iván Alonso, falou da historia deste camiño. De seguido continuaban rumbo a Torre del Bierzo onde xantaron e descansaron.

A camiñata foi organizada pola Asociación Cultural “La Morana” de Torre del Bierzo, xunto cos Concellos de Villagaton-Brañuelas e Torre del Bierzo e as Xuntas Veciñais de La Silva, Montealegre, Torre del Bierzo e Manzanal del Puerto.

Fotos: Teodoro Suárez.

Artigos relacionados

Back to top button