A saída está prevista para as 10 horas dende o pavillón de deportes
O Concello de Castrelo de Miño organiza para este domingo 20 de novembro, unha andaina solidaria a favor de Unicef. A saída esta prevista para as 10 horas dende o pavillón de deportes de Castrelo de Miño, Astariz e haberá avituallamento, agasallos e chocolate para todos os participantes.
O prezo de inscrición é de 5 euros e o prazo para anotarse remata hoxe.