ConcellosQuirogaÚltima hora

Andainas “xuntos pero non revoltos”, entre as propostas do Concello de Quiroga para este outono

A programación inclúe tamén un concerto de María do Ceo para o 31 de outubro no Auditorio Municipal

Imaxe de arquivo dunha andaina por Quiroga.

 

Que a cidadanía participe, de xeito seguro, en todas as actividades propostas, é o obxectivo co que o Concello de Quiroga programa para este outono. Por iso o deseño desta programación que vén de ser editada nun folleto informativo, ten como premisas básicas a “diversificación de actividades con programas para todas as idades, o aproveitamento dos recursos do contorno e a coordinación e colaboración entre as distintas áreas municipais (infancia, igualdade, educación, xuventude, deportes, cultura e benestar)”. Todo elo cumprindo as medidas de seguridade e hixiene establecidas, en cada momento, para a loita contra propagación da COVID-19 (uso obrigatorio de máscara, distanciamento de seguridade e control de aforo).

Entre as propostas para o tempo de ocio e lecer destacan as andainas “Xuntos pero non revoltos”, programa de sendeirismo apto para todas as idades, como alternativa dos deportes que non se poden levar a cabo.

Centrado nos máis pequenos poñeranse en marcha novamente a Ludoteca Infantil, os martes e xoves;”Inglés divertido” os sábados pola mañá , teatro infantil e o obradoiro infantil de cociña “Minichef”. Ademais das clases de música e movemento, piano e guitarra, abertas tamén para os maiores.

 

María do Ceo actuará o 31 de outubro no Auditorio.

 

No apartado cultural un amplo programa de representacións teatrais en colaboración coa Consellería de Cultura e coa Deputación Provincial mediante os programas “Ler Conta Moito”, Programa Rehabilitación Cultural” e ” Seráns Miúdos”. A maiores, coa colaboración da Xunta de Galicia o 31 de outubro o Auditorio Municipal acollerá un concerto de María do Ceo.

Conmemoraranse datas sinaladas como o Día da Muller Rural, o Día da Non Violencia contra a Muller e o Día Mundial contra o Cancro de Mama. E para as mulleres da comarca programouse o obradoiro “Entre nudos e bastidores”. Ademais, dende o Centro Social da Terceira Idade programáronse andainas pola contorna, un magosto, campionatos de tute e a tradicional cea de Nadal.

Declaración Institucional con motivo do Día Internacional da Nena 

Con motivo da celebración do 11 de octubre, Día Internacional da Nena, o Concello de Quiroga se súmase a esta conmemoración e pon de manifesto “a importancia de garantir a igualdad real entre os xéneros, dende as odades máis temperás”, adheríndose á Declaración das Nacións Unidas e sumándose “a todas as voces que claman pola defensa da igualdade e da loita contra todo tipo de discriminación por razón de idade e de xénero.

 

Artigos relacionados

Back to top button