BoxeoDeportesÚltima hora

Andi Canosa e Luis Díaz (Graíño Team O Barco) entre os loitadores do “MFC Showdown” en Valdeorras

A I edición na comarca deste evento de loita (MMA, K1, Kick Boxing e Muay Thai) celebrarase o 30 de outubro no Paladium (Villamartín de Valdeorras)

Luís Díaz Paradelo (Graíño Team O Barco). /Foto cedida.

 

Un ano e medio depois do inicio da pandemia de coronavirus, os eventos van regresando progresivamente ao calendario deportivo. Tamén os combates volven neste outono a Valdeorras, aínda que nun formato diferente á Velada Concello do Barco que volverá xa de cara ao vindeiro ano.

Nesta ocasión trátase do MFC Showdown 015, un evento organizado polo Mamba Fitness Center do Bierzo en diferentes cidades e vilas de España, que neste mes celebrará a primeira edición na comarca valdeorresa coa colaboración do Club Kickboxing Valdeorras, con pelexas de MMA por primeira vez en xaulas.

 

Andi Canosa (Graíño Team O Barco). /Foto cedida.

 

A cita será o sábado 30 de outubro a partir das 21 horas no Hotel e Eventos Paladium, en Vilamartín de constará de dúas partes. As primeiras pelexas serán de Kick Boxing, K1 e Muay Thai con combates amateurs e tamén profesionais. Pero o prato forte chegará na segunda parte, de MMA, con cinco combates, dous deles protagonizados por dous membros do Graíño Team O Barco: Luís Díaz Paradelo que se enfrontará a Pablo Díez (León Fight Club); e Andi Canosa que pelexará con Iulian Buricescu (Solum Burgos). Os dous boxeadores barquenses adestran no Centro Deportivo Valsport, no Barco, baixo a dirección dos irmáns Pardo, Luis e Juan José.

O evento contará tamén coa asistencia de compañeiros do Graíño Team Coruña, dirixidos por David Graíño, e as entradas poden mercarse online e tamén en Valsport, SUMEVA e Cafetería La Pampa. Poderá verse en directo pero tamén será retransmitido en streaming a través do seguinte enlace:
https://www.mambabfc.com/mfc015.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button