DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Andrea Carid visita o Campus de verán de fútbol da Rúa

A xogadora do Ourense Envialia FS compartíu experiencias e xogo cos cativos valdeorreses

O fútbol e o fútbol sala non son só cousa de homes, e un claro exemplo é o equipo feminino con xente de Valdeorras que dende hai uns anos compite na liga galega de fútbol. No C.D. Rúa téñeno claro e apostan pola igualdade neste deporte, por iso hai unha muller entre os monitores do I Campus de verán que se está celebrando no campo do Aguillón, que conta con cinco nenas entre os participantes.

O fomento da igualdade de xénero non remata aí e,  na mañá do 6 de xuño, convidaban a asistir ao campus a Andrea Carid, xogadora do Envialia Ourense FS, recentemente gañador da Copa de España de Fútbol Sala.

Malia que actualmente está directamente vinculada ao fútbol sala, Andrea tamén estivo vencellada ao fútbol e despois das presentacións e de charlar cos pequenos, compartíu xogos cos asistentes ao campus, amosándolles algún que outro truco.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button