Sen categorizar

Ángel A. Martínez lerá o seu discurso de ingreso na Academia Galega de Enfermería o 5 de novembro en Ourense

Esta sesión terá lugar a partires das 18 horas no Instituto Otero Pedrayo da cidade

 

O Paraninfo do Instituto Otero Pedrayo de Ourense acollerá o martes 5 de novembro a partir das 18h. a sesión de recepción e investitura como acadénico de número da Academia de Enfermería de Galicia de Ángel Alfredo Martínez Ques. O seu discurso de ingreso leva por título “A atención sanitaria ao adulto maior e a súa protección fronte á discriminación”. Martínez Ques posúe unha ampla e exitosa traxectoria asistencial, investigadora e docente. Obtivo a Diplomatura Universitaria en Enfermería en 1981 na Escola Universitaria do Hospital Clínico de Valencia. Licenciouse en Dereito na UNED en 1996.

Posteriormente ingresa no programa de doutorado “Problemas fundamentais da Teoría Xurídica Contemporánea” da facultade de dereito da UNED, obtendo no ano 2016 o doutoramento con sobresaliente “ cum laude” coa tese “ Ageismo e dereitos humanos no contexto sanitario”. Máis de trinta anos de experiencia profesional, nos que desenvolveu o seu traballo en distintos ámbitos: asistencial, docente, xestor e por suposto investigador. A investidura como Académico de Número da Academia de Enfermería de Galicia é un recoñecemento á súa traxectoria.

O discurso de contestación correrá a cargo do vicesecretario da Academia, Manuel Eladio Atrio Padrón. O acto será presidido polo presidente desta entidade, Isidoro Rodríguez Pérez. E tamén contará coa participación do director do Instituto Otero Pedrayo de Ourense, Daniel Lorenzo Valdivieso. Á sesión foron convidadas varias personalidades do ámbito académico, universitario e profesional, así como representantes das distintas institucións públicas.

Este acto está organizado pola Academia de Enfermería de Galicia e conta coa colaboración da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, da Escola Universitaria de Enfermería de Ourense, Universidade de Vigo e do Colexio de Enfermería de Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button
Close