DeportesÚltima hora

Ángel Defrancisco, primeira incorporación do Sala Ourense para a tempada 2019/2020

Procede do GRI Carballiño F.S. e ocupa a posición de ala

O Sala Ourense presentou hoxe no Centro Médico El Carmen a Ángel Defrancisco, a súa primeira incorporación para a tempada 2019/2020. Procede do GRI Carballiño F.S. e a pesar de ter 20 anos disputou tres tempadas e media en Terceira División Nacional.

Ángel ocupa a posición de ala e é un xogador que destaca pola súa rapidez. Así, é un novo reforzo para o equipo que xunto coas renovacións de Allariz, Martín, Arturo, Fer, Rubén, Dani Gato, Raúl Rivero e Édgar afrontará esta nova tempada 2019/2020.

 

Ángel Defrancisco na súa presentación.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close