CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Ángel Stanich regresa ao Baranda

O concerto será o sábado 16 abril na sala de concertos do Barco de Valdeorras

IMG_3416

A sala de concertos Baranda, ten preparadas dúas actuacións musicais para esta fin de semana. Hoxe, venres 15 de abril as portas abrirán a partires das 23:30 horas para recibir a Trioceros, un trío nacido no ano 2014 que destaca polo seu rock orgánico, creativo e ecléctico, con temas propios, polirritmias e mestura de composicións elaboradas e espontáneas que farán vibrar ao público.

12985543_10201756186462829_3848585555346601287_n

E mañá, sábado 16 de abril, chegará un dos pratos fortes da programación musical para este mes: o concerto de Ángel Stanich que regresa a Valdeorras coa súa banda para dar o mello de si mesmo, unha voz e un estilo moi peculiares para un rock alternativo, con composicións propias con características referencias alucinóxenas, a uns Estados Unidos de estrada, áridos e cinematograficamente metafóricos.

Artigos relacionados

Back to top button