DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Anguieiros (Quiroga) mantén viva a tradición dos bolos celtas

A localidade lucense celebrou o V campionato organizado pola Asociación Sociocultural Boca do Monte

Cun total de 23 inscritos, 16 homes e 7 mulleres, se desenvolvía o V Campionato de Bolos Celtas de Anguieiros (Quiroga) organizado pola Asociación Sociocultural Boca do Monte no marco das festas da Madalena.

Tal como explica o presidente da asociación, Xosé Manuel Fernández, a festa “cada ano vai a máis, e a idea de incorporar megafonía para animar o evento xunto coa ampliación de premios a 4 para homes e a 4 para mulleres está conseguindo que aumenten as inscricións”. Este ano decidían dar tamén un quinto premio.

Tralas sucesivas tiradas chegaba a final na que Vicente de Enciñeira revalidaba o título con 118 puntos mentres que Xosé Manuel de Anguieiros quedaba segundo con 111. Terceiro era Emiliano Vicente dos Covallos con 71, cuarto Rinardy de Enciñeira con 59 e quinto Sergio de Barcelona. No apartado de féminas o primeiro posto foi para Laura de Anguieiros con 54 puntos, quedando segunda Natalia de Ribeira con 19, terceira Concha de Anguieiros con 15, cuarta Mónica de Barcelona con 9 e quinta María de Coruña.

Coma sempre os premios foron produtos gastronómicos, dende paletiñas de xamón ata botellas de aceite, pasando por queixos, botellas de viño e incluso crebanoces.

Fotos: Marga/ Pedro Ivedo.

Artigos relacionados

Back to top button