DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Animada andaina e carreira popular “Móvete co corazón”, no Barco

Marta Ballesteros e Roberto Trincado, a parella máis rápida na proba absoluta

Moi animada e concurrida estivo a mañá do 18 de febreiro no Barco de Valdeorras coa celebración dunha nova edición da proba atlética incluída na campaña de namorados do Barco Centro Comercial Aberto, en colaboración coa delegación valdeorresa da FGA, que este ano presentaba novidades.

A primeira, era a celebración dunha andaina na que participaron unhas 80 persoas. Eran as primeiras en saír ás 11:30h. moitas delas disfrazadas e media hora máis tarde facíano as 16 parellas (mixtas, masculinas e femininas) e un individual (Marco Rodrígues) que era o primeiro en chegar, pero fóra de competición. Con respecto ás parellas, a máis rápida foi a formada por Marta Ballesteros e Roberto Trincado, seguidos por Mónica Yáñez e Hugo Sánchez, e Carlos Prada e Roberto Prada. Os últimos en competir eran os cativos (preto de 60) en diferentes categorías, dende infantís ata pitufos, con medalla para todos.

Tralas carreiras procedeuse á entrega de premios por parte do CCA aos participantes na andaina: á familia máis numerosa (con 15 membros), á parella que sumaba máis idade, á que sumaba menos, e aos participantes con mascota (tres co seu respectivo can). Tamén se sortearon numerosos agasallos donados polos establecementos asociados, sendo os premios da carreira os últimos en entregarse.

Paralelamente, ao longo da mañá os cativos desfrutaron no rocódromo instalado no Malecón da man de Vianova Aventura.

Fotos: Mónica G. Bellver excepto a última da galería.

 

Artigos relacionados

Back to top button