A RúaConcellosEn portadaGalerías de fotosÚltima hora

Animada e concorrida Festa do Magosto na Rúa Vella

 

Tralos longos meses pasados sen reunións nin celebracións, a xente ten ganas de festa. E así, co fin da situación de emerxencia sanitaria, con incremento dos aforos ata o 100% e a ampliación dos horarios en hostalaría e ocio nocturno, a normalidade chega tamén ás citas tradicionais e populares.

Un exemplo témolo na Rúa Vella que na tarde-noite deste sábado 24 de outubro, celebraba a XVI edición da súa Festa do Magosto que resultaba todo un éxito de participación. Tal como explican dende a organización, puxeron á venda 300 entradas e “quedou xente sen ela”.

Así, en torno ás oito e media, comezaba a festa na praza do Arroio, con música a cargo de Danzalia e tamén Abertal que tocaba un par de pezas para as noticias de Tele 5, e un completo menú a base de bolo preñado, pizza e bica, ademais de auga e viño e por suposto as castañas recén asadas (empregáronse uns 100 kilos aproximadamente).

Con esta festa organizada pola Asociación Sabugueiro, Valdeorras abre, en pleno outono, a tempada de magostos.

Fotos: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button