CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

Animada primeira xornada da Festa do Casco Vello, na praza Maior do Barco

Esta tarde actuará o grupo Caponato e xa pola noite The Lakazans e The Marveltons

Coa apertura das casetas de comida e bebida instaladas na praza Maior, inaugurábase na tarde do 15 de xuño a II edición da Festa do Casco Vello do Barco de Valdeorras, organizada pola asociación de hostaleiros do barrio.

Unha animada xornada inaugural marcada polo partido do Mundial de fútbol entre España e Portugal que moita xente pudo ver na pantalla xigante instalada para a ocasión na praza. Ao final houbo empate a 3 e os asistentes puderon celebralo ao longo da noite. En torno ás dez Xosé Luis Súarez, máis coñecido como “Sito”, abría o programa coa lectura do pregón e a partires de aí, a música tomaba o escenario con dous concertos que encheron de xente o espazo. Dende Pontevedra o grupo Denominación de Origen Band ofreceu aos asistentes o seu repertorio de versións dos anos 80; e o prato forte chegaba pasada a medianoite con Five Strings Band, que encheu de blues e rock sureño a praza.

A festa continúa esta tarde coa actuación do grupo Caponato dirixida ao público infantil, e xa pola noite cos concertos de The Lakazans e The Marveltons.

Fotos: Carlos G. Hervella.
https://osil.info/noite-a-ritmo-de-blues-soul-e-rock-roll-na-ii-festa-do-casco-vello-do-barco/
https://osil.info/sesion-vermu-ao-son-de-os-pineiro-no-casco-vello-barquense/
https://osil.info/noite-a-ritmo-de-blues-soul-e-rock-roll-na-ii-festa-do-casco-vello-do-barco/

Artigos relacionados

Back to top button