En portadaÚltima horaVídeos

Animado ambiente nas rúas de Viana, inmersa xa no VII Festival ViboMask

Esta mañá poñíase en marcha o mercado "ViBoMarket" e as rúas enchíanse de música como antesala do desfile de mascaradas desta tarde

 

A partir das 16:30h. desta tarde máscaras de diferentes festas de inverno da península, pero tamén do nordeste de Portugal e mesmo de Italia tomarán as rúas de Viana do Bolo. Será un dos actos actos centrais do VII Festival Internacional ViBoMask Mascarada Ibérica de Viana e Vilariño de Conso.

Pero o programa de actos arrancaba xa onte venres, coa conferencia “Unha ollada antropolóxica” celebrarase no IES Carlos Casares. Así mesmo, tamén dende o venres pode visitarse amostra o “Entrudio de Viana do Bolo” na sala de exposicións do Concello, que neste sábado tamén se pode ver. E, ás 20.00 horas, tiña lugar unha foliada polas rúas de Viana con diferentes grupos de música.

 

 

Con moita animación iniciábase tamén a xornada deste sábado 19 de marzo en Viana. A partir das 11.30 horas cobraba vida na rúas Ceferino Armesto e Mazairas, así como na praza Maior, o “ViBoMarket”, mercado de produtos artesanais locais, cun continuo tránsito de persoas. A música volvía tomar a vila coa sesión vermú ás 12.30 horas. da man de dous grupos: Fuego Street Band e Tómalle outra.

Deste xeito quéntase motores para o citado desfile desfile de Mascaradas Ibéricas. Por último, ás 20.00 horas haberá actuacións musicais na Praza Maior, que continuará co “ViBo Music” a partir das 22.00 horas.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button