A chuvia acompañaba lixeiramente, pero non impedía, a celebración do Martes de Entroido en Xinzo de Limia. En torno ás cinco e media da tarde un longo, colorista e animado desfile de Entroido poñíase en marcha dende a zona dos colexios e percorría a vila, ante un numeroso público, boa parte del disfrazado e que participaba da festa.
Abrían o desfile as Pantallas (tanto adultos como nenos) da Asociación C. A Pantalla de Xinzo, seguidas polos integrantes da banda de gaitas da localidade, así como por numerosas comparsas e disfraces, que despregaban unha gran creatividade e sentido do humor.
Fotos: Carlos G. Hervella.