A RúaConcellosÚltima hora

Animado concerto de Roi Casal na Rúa

 

Músico, compositor e cantante galego, Roi Casal domina con virtuosismo a arpa céltica e a zanfona. Foi integrante da mítica banda Milladoiro comezando a súa carreira artística en solitario en 2009, coa publicación do disco Leyendas Doradas, ao que seguiron Maxicamente Véselo e Dueños de nuestro destino. En 2019 embarcouse nunha colaboración galego cubana coa xira ‘Son Galego, Son Cubano’ coa que leva percorrido numerosos escenarios e que na noite do venres 22 de xullo chegaba á Rúa.

 

 

Na praza da Estación, diante dun entregado público e durante máis dunha hora, Roi Casal despregou toda a súa arte sobre o escenariom, nun animado concerto no que estivo acompañado por algúns dos mellores músicos de Galicia e Cuba.

O concerto, de entrada libre foi promovido pola Xunta de Galicia e Cultura de Galicia coa colaboración do Concello da Rúa que continú coa súa programación cultural de verán que se intensificará de cara ao mes de agosto coas Festas de Verán e a Baco Festa, entre outras actividades.

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button