En portadaGalerías de fotosSociedadeÚltima hora

Animado “Día do Orgullo Canino” en Vilamartín de Valdeorras

Unha docena de cans reuníanse no campo de fútbol na tarde do 7 de setembro

Co obxectivo de redacar fondos e ao mesmo tempo concienciar á poboación da importancia de coidar aos animais (neste caso concreto ao cans), nacía o “Día do Orgullo Canino”. Unha iniciativa da protectora valdeorresa Peludines Callejeros que este ano chegaba á II edición.

A festa canina celebrábase na tarde do 7 de setembro no campo de fútbol de Vilamartín onde se reunían unha docena de cans de diferentes razas e tamaños. Tal como explica Pilar, unha das voluntarias que colaborou na organización do evento, “trátase de conseguir cartos para a protectora e que mellor que facelo cunha tarde convivencia e unha festa”.

Por iso, o acto principal da tarde era a batalla con polvos Holi que a organización entregaba nunha bolsiña aos donos dos cans asistentes, xunto a unha gafas e unha pulseira, por 5 euros que custaba a entrada (10 euros con camiseta). Ademais, Florecilla Silvestre deseñaba un photocall no que fotografarse con Pipo, un can que daba bicos.

Antes da batalla, o presidente da protectora, Jorge, daba unha charla para concienciar á xente de que non abandone aos cans, agradecendo a colaboración dos comercios de Valdeorras que fixeron posible o evento.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button