En portadaEn Portada EntroidoGalerías de fotosÚltima hora

Animado Domingo de Entroido en Rubiá

A charanga Los Támega animou o percorrido no que participaron dezaseis comparsas e folións

 

O Folión de Petín para abrir e os Viticultores de Vilamartín para pechar, e entre medias, catorce comparsas. Un total de dezaseis agrupacións participaban nun concurrido desfile no Domingo de Entroido en Rubiá.

Pasadas as cinco da tarde e animados pola charanga verinesa Los Támega, comezaban a desfilar os participantes. Desde cociñeiros ata unha tribo, pasando polos navegantes do “Barco doamor” pasando por superheroes, vikingos ou amapoulas. Tampouco faltaron as viaxes ao pasado (aos anos 80 da man do CEIP Ramón Otero Pedrayo), os xogos os os mexicanos.

Comparsas de Rubiá, Quereño, A Rúa, O Barco ou Vilamartín e mesmo de Salas de la Ribera, ademais dos folións de Petín te Vilamartín. Unha boa representación de toda a comarca de Valdeorras e do Puente de Domingo Flórez.

O percorrido, coma sempre con saída dende a praza da Baicela e visita ao centro da Terceira Idade, para rematar no pavillón con festa para todos os participantes.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button