CulturaCulturaÚltima hora

Animado e colorido festival de fin de curso da academia de danza Bayadère, no Barco

As alumnas dos diferentes niveis actuaron no Teatro Lauro Olmo diante dun numeroso público

 

Un mundo de maxia e ilusión. O mundo soñado, sen guerras, sen enfermidades, sen pobreza,… É a historia sobre a que se asenta o espectáculo, creado por alumnas e profesora, co que a academia de danza Bayadère pecha este curso académico.

O IV festival de fin de curso desenvolvíase na tarde do 27 de xuño no Teatro Lauro Olmo onde, diante do numeroso público, con coidadas coreografías e impecable vestiario, as alumnas amosaban toda a súa arte. Dende as máis pequeniñas de iniciación á danza e pre-danza, pasando polos diferentes niveis tanto de baile clásico como moderno, todas tiveron o seu momento, arrrancando sonoros aplausos e vítores. Por algo a profesora non pode estar máis orgullosa delas.

Quen queira ver o espectáculo ao completo e non pudera asistir nesta primeira sesión, terá unha nova oportunidade esta tarde, á mesma hora e no mesmo lugar (20:30h. no TLO), cun segundo pase. A entrada anticipada custa 2 euros e en taquilla, 3 euros.

 

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button