CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Animados Cantos de Taberna polas covas de Vilamartín de Valdeorras

Cinco agrupacións participaban no percorrido musical celebrado na noite do 15 de febreiro

Cinco covas da zona do cemiterio e cinco agrupacións musicais de Valdeorras e das Terras de Trives. Son os participantes nos Cantos de Taberna celebrados no concello de Vilamartín na noite do 15 de febreiro. A ruta comezaba no bar Santos e os grupos ían tocando polas diferentes covas rotando cada media hora.

Tal como explican dende o Concello, vendéronse unhas 60 entradas e entre as agrupacións participantes estaban As Macizas Centrais de Trives.

Mañá, sábado 16 de febreiro, Vilamartín volverá encherse de xente. Nesa ocasión para participar no desfile de folións e na II edición da Festa das Sopas de Allo, a partires das 17h.

Fotos: Concello de Vilamartín.

Artigos relacionados

Back to top button