Galerías de fotos

A ANPA Aturuxo do CEIP Julio Gurriarán do Barco dá a benvida aos cativos no primeiro día de curso

Hoxe, luns 11 de setembro, tiña lugar o comezo de curso para o alumnado de Educación Infantil, Primaria e Educación Especial. Despois de máis de dous meses sen verse a “volta ao cole” foi especial para os alumnos do CEIP Julio Gurriarán do Barco de Valdeorras que eran recibidos pola ANPA Aturuxo cunha gran parcarta de benvida acompañada de grandes globos desexándolles “un bo comezo de curso”.

Máis información no seguinte enlace: https://www.osil.info/arranca-curso-escolar-infantil-primaria-educacion-especial/

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button