OurenseÚltima hora

Ante a evolución da pandemia, o Concello de Ourense suspende as feiras dos días 7, 17 e 26 e o mercado de antigüidades

Esta medida farase extensible, inicialmente, aos meses de outubro e novembro

 

En vista da evolución da situación epidemiolóxica e sanitaria do Concello de Ourense e coa finalidade de “controlar a transmisión da enfermidade”, a Concellería de Comercio do Concello de Ourense, como autoridade competente no uso da vía pública, acordou “suspender as feiras dos días 7, 17 e 26 no parque do Barbaña e o mercado de antigüidades que se celebra o primeiro domingo de cada mes na praza Maior”. Esta medida farase extensible, inicialmente, aos meses de outubro e novembro de 2020.

Pola súa banda, ante as novas medidas e restricións sanitarias na cidade de Ourense, o Consello Municipal de Igualdade desconvocou a concentración de condena á violencia de xénero prevista para o vindeiro luns, 5 de outubro, ás 20 horas, que organiza o primeiro luns hábil de cada mes na praza maior.

Artigos relacionados

Back to top button