CulturaMúsicaÚltima hora

Antía Muíño anima o terceiro fin de semana do “Terrasón 2020” do Barco

O concerto tivo lugar o venres, 7 de agosto, ás 23:00h, no Paseo do Malecón

 

Continúan as actividades do ciclo musical “Terrasón 2020”, unha iniciativa do Concello do Barco que programa diversas actuacións musicais durante os meses de agosto e principios de setembro. O pasado venres, 7 de agosto, o Paseo do Malecón foi escenario do concerto de Antía Muíño, que actuou ás 23:00h acompañada doutros dos músicos, preto da oficina de Correos.

Muíño, con grado superior no prestixioso conservatorio “Musikene” de San Sebastián, interpretou un repertorio que variaba dende a bossa nova ata a música popular latinoamericana. Con guitarra acústica e a súa voz, a artista combinou temas propios con outras cancións compostas a partir de obras de poetas galegos entre os que destacou un poema de Lauro Olmo adaptado especialmente para a ocasión.

O concerto tivo unha moi cálida acollida entre os veciños do Barco, que ocuparon por completo as localidades dispostas e as terrazas dos locais circundantes, mantendo sempre a distancia de seguridade derivada da pandemia do coronavirus. Pouco despois das doce, cando rematou o concerto, o público pregou aos músicos que tocasen unha última peza, petición que foi gratamente aceptada.

Esta fin de semana están previstos dous eventos máis. O sábado, día 8, Cora Velasco actuará na praza Andrés de Prada a partir das 23:00h. Pola súa banda, Velma Powel & Bluedays acudirán á praza do Sagrado o domingo, día 9, ás 13:00h.

Artigos relacionados

Back to top button