En portadaÚltima hora

As antigas adegas subterráneas de Arcos ábrense ao público

Na tarde do 8 de xullo este pobo de Vilamartín celebrará a IV Festa Coveira
Público enchendo na pasada edición da Festa Coveira as rúas de Arcos (Vilamartín)./ Foto: Carlos G. Hervella.

A localidade vilamartinesa de Arcos última os preparativos do que será a cuarta edición da súa Festa Coveira, que se celebrará a partires da sete e media da tarde do sábado 8 de xullo. Unhas 14 covas abrirán as súas portas nesta edición ao público ofrecendo viños (branco e tinto) e tamén multitude de saborosos pinchos.

As entradas (coas que se dará unha cunca conmemorativa) podían xa mercarse nas últimas semanas de forma anticipada. Pero aqueles que aínda non dispoñan delas poderán compralas ese mesmo día ao prezo de 12 euros.

A celebración estará animada pola actuación do grupo tradicional Os Bertolini de Manzaneda, e nela non faltará tampouco a procesión de “Don Godellín” (santo protector deste evento) ao remate da festa terá lugar unha actuación musical dun Dj na beira do río Farelos.

Esta IV Festa Coveira será organizada polos Coveiros de Arcos de Valdeorras en colaboración co Concello de Vilamartín.

Artigos relacionados

Back to top button