En portadaOurenseÚltima hora

Antón, o primeiro neno en nacer na provincia no 2021

Facíao no Hospital Universitario de Ourense. Os seus pais son María e Daniel, veciños de Xinzo de Limia

 

Cinco minutos despois das badaladas que marcaban o inicio do 2021 nacía Antón no Hospital Universitario de Ourense. O menino, fillo de María e Daniel, veciños de Xinzo de Limia, pesaba 3,04 kg al nacer.

O seu foi un parto con cesárea e sen complicacións, tal e como se informa dende a Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco. Ademais Antón é o primeiro fillo desta parella, co cal este 2021 ten comezado de forma moi especial para eles.

Practicamente ao mesmo tempo que Antón, nacía Guillermo no Hospital do Salnés, na provincia de Pontevedra.

Por outra banda, o derradeiro ourensán en nacer no 2020 era Hassiel. A súa nai daba a luz o xoves 31 de decembro ás 13:40 h. É o terceiro fillo de Ana Carolina e José Ramón.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button