Galerías de fotosOurenseÚltima hora

Antonio e Gumersinda casan nas Eiroás grazas ao “sí” do pobo

Ao terse visto no palleiro, o párroco non quería casalos, polo que Puigdemont propuxo facer un referéndum

Día grande nas Eiroás, Ourense, onde a gran voda da Pita de Antonio e Gumersinda celebrouse neste martes, 13 de febreiro. Un acto marcado por unha forte sátira política na que non faltou o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e o presidente da Deputación, Manuel Baltar, ambos os dous pelexando por veres quen presentaba o mellor Entroido. Asemade, tamén serviu como acto protesta polas subvencións directas que entregaba o Concello aos Entroidos nos barrios e que, agora, teñen que solicitala e agardar a que lla concedan días despois das celebracións das festas.

Pero o convidado estrela foi o ex presidente da Generalitat de Catalunya, Puigdemont, que veu ás Eiroás “porque independizouse antes ca Catalunya”. A voda parece que transcorría con normalidade até que Antonio e Gumersinda aseguraron que se tiveran visto “no palleiro”, algo que non lle gustou moito ao párroco que negouse a casalos. Pero Puigdemont propuxo realizar un referendo para que o pobo votase se querían que se realizase o casamento ou non. Todo isto cunha monxa que non paraba de facerlle as beiras a todo o que pasaba.

Aínda que estaba a punto de celebrarse o referendo, apareceu o inimigo de Puigdemont, Mariano Rajoy que, vestido coa súa roupa deportiva de andar rápido, e co 155 por bandeira, intentou frear ese referendo, pero non o conseguiu. Finalmente o pobo falou e celebrouse o casamento pero, Gumersinda fixo un anuncio moi importante, sacando un cartel de “República en xestancia”, iso quería dicir que estaba preñada! Outro escándalo que azoutou este casamento.

Pero non foi o único xa que, como marca a tradición deste lugar, a comida dun casamento de viúvos págaa o pobo, pero o viño o paga o noivo, que se negou a facelo. Finalmente, tivo que vir a Garda Civil a arranxar o asunto e, para sorpresa de todos, un dos axentes acabou facéndolle as beiras á monxa, que remataron xuntos. En definitiva, o que soe pasar nas vodas, que sempre se liga.

Fotos e texto: Carlos Asensio.

Artigos relacionados

Back to top button