CulturaCulturaÚltima hora

Antonio Puga releva a José Luís Ferro como presidente da Fundación Curros Enríquez de Celanova

Este traspaso produciuse debido a que por mandato estatuario a presidencia debe correr a cargo do alcalde en exercicio

O novo alcalde de Celanova, Antonio Puga, releva a José Luís Ferro na presidencia da Fundación Curros Enríquez. O traspaso produciuse esta fin de semana nunha asemblea extraordinaria debido a que por mandato estatutario, o presidente do colectivo cultural ten que ser o alcalde en funcións.

 

Participantes da asemblea extraordinaria.

 

Antonio Puga afirmou que asumiría este cargo con humildade debido á longa traxectoria cultural deste colectivo e a que nos últimos anos colocou Celanova coma un dos lugares de referencia das vilas culturais de Galicia.

Pola súa parte, o expresidente, José Luís Ferro, o cal pasa a ser vocal, agradeceu o compromiso que durante os seus 6 anos de alcaldía demostrou a Fundación. Ademais, declarou que seguiría ligado á Casa dos Poetas e colaboraría  en todo aquilo que lle fose encomendado.

Por outra banda, o secretario da Fundación, Antonio Piñeiro, informou sobre a comercialización inminente do xogo de xadrez de San Rosendo en chocolate, como primeiro produto comercial e turístico para promocionar o patrimonio cultural celanovés a través de produtos comerciais que resulten atractivos.

Así mesmo, o secretario tamén informou sobre o inicio do desenvolvemento do videoxogo baseado na obra de Méndez Ferrín, o cal tamén estivo na reunión, “Arnoia, Arnoia”. Este proxecto conta cunha importantísima axuda económica da Fundación Currós Enriquez e esperan podelo ter rematado para propoñer a súa presentación oficial no transcurso da ICCWeek de 2020.

 

 

Texto: Alba Prada

Artigos relacionados

Back to top button