PolíticaÚltima hora

Antonio Rodríguez, presidente do PP de Montederramo

Lograba o 100% dos votos emitidos no congreso local deste partido celebrado o 20 de novembro
O presidente electo do PP de Montederramo, con presidente provincial do partido, Manuel Baltar.
O presidente electo do PP de Montederramo, con presidente provincial do partido, Manuel Baltar.

O PP de Montederramo celebraba na tarde do 20 de novembro o seu congreso local. Tiña lugar no bar “Casa Elvira” desta localidade ourensá e nel tan so se presentaba unha candidatura, a liderada por Antonio Rodríguez Álvarez. A súa lista lograba o apoio do 100% dos votos emitidos polos compromisarios.

Unha vez coñecidos os resultados da votación, o presidente local electo e actual alcalde, Antonio Rodríguez Álvarez, amosaba o seu agradecemento ao respaldo recibido e adiantaba a necesidade de “apostar firmemente pola mellora dos servicios que lle ofrecemos aos nosos veciños, para redundar na calidade de vida no rural e, sobre todo, para conseguir fixar poboación nos municipios como é o caso de Montederramo”. E engadía que “o equipo da xunta local do PP de Montederramo seguirá traballando intensamente para continuar acadando rotundos éxitos elección tras elección”.

Tras a súa intervención, o presidente provincial do PPOU, Manuel Baltar, clausuraba o congreso incidindo nas palabras de Rodríguez Álvarez no relativo á importancia de mellorar os servizos para fixar poboación no rural e recaldando “a cooperación entre administracións é a pedra fundamental para sentar as bases do desenrolo na provincia de Ourense”.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close