PolíticaÚltima hora

Ánxeles Cuña (En Marea) tacha de “electoralismo” a cesión da Bibliotreca Pública de Ourense ao Liceo e ao Cineclube Padre Feijóo

A deputada no Parlamento de Galicia e Martiño Xosé Vázquez, de Ourense en Común, cualificaron de “incongruencia” o voto en contra do PP na comisión parlamentaria na que o grupo pedía avances na materia
Ánxeles Vázquez e Matriño Xosé Vázquez. 

A deputada de En Marea pola provincia no Parlamento Galego, Ánxeles Cuña, e o concelleiro de Ourense en Común, Martiño Xosé Vázquez, reclamaron hoxe, 9 de febreiro, en rolda de prensa á Xunta que “deixe de vender fume” e comece “coas accións que sexan precisas” para levar a cabo a cesión gratuíta das instalacións, no actual edificio da Biblioteca Pública de Ourense -na rúa Concello- ao Ateneo de Ourense e ao Cineclube Padre Feijóo e a “diferentes asociacións e colectivos culturais da cidade”, no momento no que a Biblioteca sexa trasladada ao Complexo Cultural San Francisco.

O grupo parlamentario de En Marea levou á comisión do Parlamento esta cuestión onde aseguraron que, a pesares de que o voceiro do PP estaba de acordo con esta petición, á hora da votación “este grupo parlamentario votou en contra”, informou Ánxeles Cuña, que reiterou que esta acción “evidencia a falla de vontade por parte do Goberno galego de levar a cabo devandita cuestión pese a seres un compromiso do propio Feijóo”. Cuña falou polo grupo parlamentario ao asegurares que “tal vez prefira agardar a que estean máis próximas as eleccións municipais”.

Segundo informaron dende En Marea, o grupo popular no Hórreo asegurou na comisión “que non podían dar prazos”, unhas declaracións que para Cuña e o seu grupo son “unha contradición” ao que dixo o secretario xeral do Estado do Ministerio de Cultura, que afirmou o pasado setembro que estaría funcionando a mediados de 2018.

Por este motivo, Ánxeles Cuña trasladou que dende En Marea esixen que o compromiso “amosado verbalmente polo PP” se converta nunha realidade, e reiterou que “se tiveran a vontade real terían realizados os trámites oportunos a nivel local, Xunta e Ministerio, para que isto fose real e non só fume”. A deputada reiterou as sospeitas do grupo ” de que se trata dunha nova manobra electoralista sobre todo, tendo en conta que apenas uns días antes das eleccións autonómicas”, reiterando que o propio Feijóo veu a Ourense a asinar o convenio conforme a Xunta destinaría “1,6 millóns de euros para o Complexo de San Francisco”, afirmou Cuña.

Ante esta situación, dende En Marea reclaman “coherencia e compromisos serios” para que esta cesión vaia adiante. Asemade, a deputada de En Marea anunciou a súa intención de levar a cuestión ao Congreso dos Deputados a través do seu grupo na Cámara Baixa.

Artigos relacionados

Back to top button