PolíticaÚltima hora

Anxo Collarte repetirá como cabeza de lista do BNG en Ribadavia

De esquerda a dereita: Luísa Escudero, Anxo Collarte, Maite Rodríguez, Francisco Alonso e Edmundo Araújo.
De esquerda a dereita: Luísa Escudero, Anxo Collarte, Maite Rodríguez, Francisco Alonso e Edmundo Araújo.

A lista do BNG en Ribadavia nas vindeiras eleccións municipais do 24 de maio será liderada de novo por Anxo Collarte. O 19 de febreiro, o candidato e actual portavoz municipal nacionalista, adiantaba as principais liña do que será o seu programa acompañado por persoas que teñen sido concelleiros ou candidatos do BNG en Ribadavia como Francisco Alonso, Luísa Escudero, Xabier Carreira, Edmundo Araújo, Maite Rodríguez, Carlos Álvarez ou Manuel Taboada e por Claudio Vázquez responsábel local de Galiza Nova.

Collarte aseguraba que “partimos dunha traxectoria de traballo honesto e de diálogo coa xente para a elaboración do programa electoral e a conformación dunha candidatura que reflicta a pluralidade da cidadanía do noso concello. Novas e novos candidatos incorporaranse no primeiro tramo achegando a renovación do compromiso do BNG con Ribadavia”.

O BNG vai continuar este labor coa celebración de asembleas abertas nas que se presentará o traballo feito nestes catro anos e as liñas mestras do programa electoral. Dito programa para Ribadavia enriquecerase coa recollida de propostas da cidadanía nas asembleas abertas.

Artigos relacionados

Back to top button