AudiosO BarcoÚltima horaVídeos

Anxo Rei canta a Florencio Delgado Gurriarán

O cantautor de Rubiá interpretaba temas do seu disco "Fronteira de cegoñas", nos que musicaba versos do poeta cogormés

Publicidade

 

Logo de dúas sesións de narración oral, o ciclo “De Perto” do Barco estreaba esta tarde o “Recanto Florencio”, no que o festival ábrese a unha serie de voces valdeorresas que abordarán, dende diversas facianas, á obra do poeta Florencio Delgado Gurriarán, homenaxeado neste 2022 nas Letras Galegas.

 

 

O encargado de abrir este recanto era o cantautor de Rubiá Anxo Rei, que nos Xardíns da Casa Grande interpretaba, a partir das 20:30h. pezas do seu disco “Fronteira de cegoñas”, no que poñía voz e música aos versos de Delgado Gurriarán.

Acompañado da súa guitarra, e en ocasións da zanfona (como sucedía no “Romance do cabaleiro ourizo”), Rei cantaba a poesía do corgomés ante un numeroso público. O concerto remataba, xa na parte dos bises, cunha sorpresa, Anxo Rei quedaba o silencio para deixarlle o micrófono ao propio Florencio, a quen se escoitaba cantar animadamente nunha antiga gravación que lle facilitaba a familia. O concerto remataba cun novo bis e entre aplausos dun público entregado.

Fotos: A.R.

 

Artigos relacionados

Back to top button