ConcellosÚltima hora

Anxo Rei pon voz á celebración virtual dos Maios no Barco

A Concellería de Cultura propón festexar esta tradición dun xeito virtual, con publicacións nos perfís de facebook ou instagram de vídeos, coplas, fotos, etc. sobre os Maios

Anxo Rei durante unha recente actuación no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

No vindeiro venres 1 de Maio as tradicionais esculturas vexetais que acostuman tomar as rúas do Barco nesta data non poderán verse. Tampouco soarán as coplas de nenos e maiores na praza do Príncipe, nin poderá percorrerse a mostra de artesanía.

Pese así, a Concellería de Cultura do Barco non quere deixar pasar esa data tradicional e celebrará os Maios doutra maneira. “Queremos que teña un lugar no espazo virtual, como un canto á primavera e a vida ao aire libre que pronto recuperaremos plenamente”, indican dende o Departamento de Cultura barquense.

Nese senso, propoñen “que publiquedes nos vosos perfís de facebook ou instagram algo sobre os Maios do Barco co hashtag #maiosdobarco. Poden participar persoas de todas as idades e cantas veces queiran subindo: fotos (novas ou vellas), debuxos (con calquera técnica), pequenos maios feitos co que se teña a man, vídeos, coplas cantadas, gif,… o que se vos ocorra para que esta festiña, unha das máis enxebres do noso calendario, estea presente na Rede coa creatividade e as lembranzas de todos”.

A primeira desas colaboracións ven da man do cantautor valdeorrés Anxo Rei “cun vídeo que publicamos en primicia da fermosa versión musical de “Aí vén o maio”, o poema de Curros Enríquez musicado por el con arranxos de Jorge F. Ojea, que o acompaña coa guitarra, e con fotografías de Gustavo Docampo, nas que se recollen distintos momentos dos Maios do Barco dos últimos cinco anos”, tal e como se adianta dende Cultura.

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close