EconomíaEconomíaÚltima hora

Anxo Trives, agradecido pola sorpresa promovida por 30 amigos da hostalaría para darlle ánimos

Organizaban un xantar para respaldar ao Hostal Restaurante La Viuda de Trives tras a súa recente reaperatura

 

Hai apenas unha semana, o Hostal Restaurante La Viuda de Trives reabría as súas portas tras un peche cautelar logo de detectarse un positivo por Covid na comarca trivesa. A súa xerencia tomaba esta decisión “por prudencia e por responsabilidade cara os seus clientes e empregados”, malia non ter ningún tipo de obriga legal.

E no mediodía deste 3 de agosto un grupo de amigos do hostal, que dirixen os irmáns Anxo Trives e María Fernández, dábanlles unha sorpresa co fin de amosarlles o seu apoio e darlles ánimos. “Nós non tiñamos nin idea, encargáronnos un menú e cando os vimos chegar decatámonos de todo”, conta Anxo Trives, que destaca o seu agradecemento aos responsables duns 30 negocios relacionados coa hostalaría, que se reunían para respaldar a este hostal e restaurante trivés.

Establecementos que Anxo enumera un a un: A Tarazana, A Taberna, Luis Balbis, A Feira, Fontefría, Lusitano, Xiana, Shitake Trives, De.Aldea,C hichin, Panadería Caneda, Cooperativa Amarelante, Mel Nogueira Conde, Juan Anta, Miguel Gonzalez, Martín Milhojas, Bego Verín, Adega Vella, Cachín, Estación de Lomán, Ganadería Galupa, Mel Sabor da Serra e “aos que non puidestes vir, só podo darvos as GRAZAS POR ESTE SORPRESÓN! Con estes amigos pouco máis se pode pedir nesta vida”, asegura.

Artigos relacionados

Back to top button
Close