EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Anxo Trives amosa en Xantar as diferentes formas de degustar a Bica

Durante o showcooking realizado na tarde do 6 de febreiro, Sayoa Caneda elaborou unha bica en directo

Tradicionalmente a Bica de Trives sempre se comeu con leite no almorzo ou con licor de café como postre. Pero o certo é que este exquisito doce manteigado das Terras de Trives pode degustarse de mil e unha forma. Así o demostraba Anxo Trives, chef do Restaurante La Viúda e membro da Asociación Cociña Ourense, no obradoiro que ofrecía na tarde do 6 de febreiro, no marco da 20 edición de Xantar que se está celebrando en Expourense.

 

Sayoa Caneda de Panadería Caneda, A Pobra de Trives.

Acompañado por Sayoa Caneda, da Panadería Caneda, que elaborou unha bica en directo, Anxo preparou en poucos minutos tres formas de presentar e degustar o doce: Bica de Chocolate, Bica de Café “a que máis me gusta”, dixo, e Tarta de Bica con Castaña “na que aproveitamos outro dos produtos da nosa terra”.

Durante a demostración, a primeira da Asociación Cociña Ourense en Xantar, o cociñeiro trivés asegurou que “as combinacións son infinitas”, mentres os asistentes daban conta dos postres alí elaborados. Sayoa pola súa banda lembrou que “o importante é a materia prima e comer a bica dous días depois de facela xa que é cando a manteiga colle o seu punto de sabor característico”.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button