EconomíaEconomíaÚltima hora

Anxo Trives, do Restaurante La Viuda, premio “Touch Blanche, Gorro Blanco”

Este chef trivés recibirá o galardón na gala anual dos Premios Nacionais de Gastronomía e “Pratos de Ouro” que terá lugar esta noite en Santiago
Anxo Trives na cociña do Restaurante La Viuda./ Foto: Carlos G. Hervella.

Entres os establecementos de hostalaría distinguidos cos Premios Nacionais de Gastronomía “Pratos de Ouro”, que promove Radio Turismo en colaboración coa Federación de Autónomos de Galicia, figura o chef Anxo Trives, do Hostal Restaurante La Viuda da vila trivesa.

Será un dos cinco cociñeiros galardoados nesta edicion, e o único da provincia de Ourense, co premio “Touch Blanche, Gorro Branco”. Recibiráo nunha gala prevista para esta noite en Santiago de Compostela. Anteriormente, o Restaurante La Viuda xa recibira o “Tenedor de Ouro” no marco destes mesmos galardóns.

Artigos relacionados

Back to top button