EconomíaEconomíaÚltima hora

Anxo Trives: “Nada me fai máis ilusión que colocar ao Macizo Central Ourensán no mapa gastronómico”

O Hostal Restaurante A Viuda, de Trives, un dos establecementos ourensáns recoñecidos co "Solete de Outono/Inverno" da Guía Repsol

Anxo Trives, na cociña do Hostal Restaurante A Viuda de Trives./ Foto: O SIL.

 

Os Soletes de Outono/Inverno 2021 son “os sitios que che espertan un sorriso, os que seducen pola súa solvencia pero tamén por un non se que que lles fai especiais. Para dar con esas xoias discretas pero indispensables, os expertos de Guía Repsol repartidos polas 50 provincias españolas sempre están alerta. Coa garantía do que coñece a zona como a palma da súa man e foi forxando o seu criterio a base de probar e probar, desvelámosche eses pequenos secretos que teñen en cada pobo e cidade”. Así define a Guía Repsol estes recoñecementos que, na súa edición de inverno, distinguen a un total de 1.000 establecementos en toda España, dos cales 78 son galegos e unha decena están na provincia de Ourense.

Un deles locais ourensáns é o Hostal Restaurante La Viuda de Trives, con máis de 70 anos de historia e que agora está en mans da terceira xeración familiar: os irmáns Anxo “Trives” e María Fernández, que recibían con satisfacción a noticia. “Sete décadas de traballo avalan este restaurante nun hostal da Pobra de Trives. Bo servizo, prezos razoables, e o máis curioso: serven o mesmo menú cada día”, destácase na Guía Repsol.

 

Fonte: Guía Repsol.

 

“Nada me fai máis ilusión que colocar ao Macizo Central Ourensán no mapa gastronómico, porque esta terra e os produtores da comarca meréceno. Oxalá sea o primeiro de moitos recoñecementos, dende logo é un chute de enerxía para seguir loitando por este recuncho tan esquecido ás veces. Grazas a todos os que confiades no meu traballo e vides ao restaurante disfrutar das elaboracións da nosa cociña”, aseguraba Anxo Trives a través das redes sociais tras coñecer a noticia do recoñecemento.

Son numerosos os recoñecementos que leva colleitado este establecemento de hostalaría, tanto a nivel galego como nacional, entre algúns da propia Guía Repsol do 2019, dentro da selección de mellores restaurantes que se inclúe na recoñecida “Guía Respsol” na súa edición do 2019 aparece o Hostal La Viuda de Trives. Daquela xa se destacaba que o Hostal Restaurante La Viuda “é un referente local cunha cociña tradicional con produto local”.

Outros “Soletes de Outono e Inverno” na provincia

Ademais de A Viuda, na categoría de restaurantes, tamén logran o recoñecemento de Solete a Adega Regadas de O Carballiño, O Muíño do Chirlo en Celanova, O Birrán en Ribadavia e o Lusitano en Lobios. No apartado de cafeterías aparecen o Café Latino e La zapatería del abuelo e no de bares e tascas O Pepiño de Allariz. Xa na categoría de fast good, La Estación de Loman na cidade Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button