EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Ao encontro dos caldos

A XXXII Feira do Viño de Quiroga, os días 19 e 20 de abril
Unha das casetas da pasada edición da Feira do Viño de Quiroga.
Unha das casetas da pasada edición da Feira do Viño de Quiroga.

Constitúe todo un referente no sector vitivinícola. Pero vai máis alá. Cunha longa andaina de 32 edicións, a Feira do Viño de Quiroga, que se celebra na Semana Santa, tense convertido nun reclamo turístico, gastronómico e cultural, segundo destaca o rexidor quirogués, Julio Álvarez.

Cada ano vén incorporando novas propostas que reforzan o seu programa, que nesta edición terá como limiar (o 5 de abril) unha cata dos caldos participantes no certame. Será ás 13 h. no Museo Etnográfico e correrá a cargo dos membros da Confraría do Viño de Quiroga. De seguido, do 10 ao 18 de abril terá lugar o III Concurso “Quiroga de Tapas”, mentres que o 13 de abril ás 18h. abrirase a mostra de pintura de Suso Talento na Casa da Cultura (que poderá visitarse ata o día 20) e unha hora despois María do Ceo dará un concerto (venta de entradas na Casa da Cultura) no Auditorio Municipal. Xa o 17 de abril ás 19h. presentarase a guía do Camiño de Inverno a Santiago de Aida Méndez na Casa da Cultura.

Entre as propostas tampouco faltará o deporte e así, do 14 ao 17 de abril, terá lugar o III Trofeo Fútbol Sala da Feira do Viño e o 18 de abril celebrarase a X Carreira popular da mostra ás 17h.

A Feira do Viño de Quiroga propiamente dita celebrarase os días 19 e 20 de abril e nela poderán degustarse os viños de once colleiteiros. O acto inaugural da mostra está previsto para ás 18:15h. e contará coa presenza do director xeral de Desenvolvemento Rural, Antonio Crespo.

Texto: Ángeles Rodríguez Foto: Carlos G. Hervella
(Máis información na edición en papel do Periódico O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button