En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Ao ritmo das charangas, entre degustacións e descontos, nunha exitosa Noite Branca no Barco

Un total de 30 comercios e catro establecementos de hostalaría da vila participaban nesta iniciativa promovida polo Barco Centro Comercial Aberto (CCA)

Na tarde e noite deste venres 21 de xuño o comercio convertía as rúas do Barco nunha auténtica festa coa “VI Noite Branca”. Un total de 30 tendas e catro establecementos de hostalaría participaban nesta singular iniciativa que busca “animar o comercio local” a través diversas actividades, tal e como lembraba na súa apertura, ás oito da tarde, a vicepresidenta do Barco Centro Comercial Aberto, Ángeles Rodríguez.

 

 

Actividades como a danza, da man das alumnas da Academia Bayadère (que podía desfrutarse na praza do Concello) ou a música e animación das charangas Fuego e Támega que, de xeito incesante dende as oito da tarde á medianoite percorrían as rúas da vila. Mentres tanto, numerosas persoas visitaban os comercios da campaña nos que eran recibidas con diversas degustacións como froitas, doces, distintas bebidas e mesmo flocos de millo e “perritos calientes”. Ademais as tendas ofrecían descontos de ata un 20% en produtos de tempada.

 

Ao mesmo tempo, aqueles que decidían facer unha paradiña para descansar e tomarse algo podían saborear un pincho especial gratis no Divino Paseo, Piquiño, Bajo 5 e La Maltería. En definitiva, unha intensa e moi participativa sexta “Noite Branca” que resultaba un éxito.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Máis información e fotos:
https://osil.info/danza-e-musica-na-apertura-da-vi-noite-branca-do-barco/

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button