En portadaÚltima horaVídeos

Ao ritmo das gaitas e das pandeiretas no magosto da Asociación Abertal, na Rúa

 

As asociacións e colectivos están sendo este ano os primeiros en organizar o magosto, polo menos no que respecta ao concello da Rúa.

A primeira era a Asociación Sabugueiro, na Rúa Vella, hai xa case dúas semanas, e na tarde deste venres 5 de novembro tocáballe o turno á Asociación Abertal, que celebraba o seu particular magosto, nesta ocasión ao aire libre, no aparcadoiro a carón do Centro de Saúde.

En torno ás sete da tarde e malia o frío da xornada, os asistentes degustaban os bocadillos de chourizo acompañado dun bo viño, precedendo ás saborosas castañas previamente asadas, á bica e ao licor de café para entonar o corpo. Nenos e maiores, prefesores e alumnos desfrutaban así dunha das festas máis tradicionais da cultura galega, na que o son das gaitas e das pandeireta, así como os bailes, non podían faltar.

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button