DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Ao ritmo das motos en Quiroga

Máis de 500 motos na xornada grande da II concentración mototurística “A Curuxa”

Por segundo ano consecutivo as motos tomaron a comarca de Quiroga na última fin de semana de agosto. Durante tres días, os moteiros chegados dende toda Galicia, outros puntos de España como Bilbao, Toledo, Madrid ou Murcia e incluso dende Portugal disfrutaron da cultura e da gastronomía da zona, na II concentración mototurísica “A Curuxa”.

A ruta nocturna ata San Clodio daba o pistoletazo de saída á xuntanza o venres 28 de agosto, pero a festa moteira tiña reservado un amplo programa de actividades que se desenvolveron ao longo de toda a fin de semana: rutas pola serra do Courel e por Ribas de Sil, competición de minimotos, exhibición de Stunt a cargo de Narcís Roca, degustacións e moita festa.

O sorteo de produtos típicos da zona poñía o broche á concentración que segundo os asitentes “será difícil de mellorar”, din dende a organización, recoñecendo que esta edición superou as súas mellores expectativas aínda que seguen aceptando o reto que asumiron hai un ano: “colocar á comarca de Quiroga no mapa moteiro”.

Fotos: Gabriel Lopez Muñiz “Revista Motera”

Artigos relacionados

Back to top button