CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosMúsicaÚltima horaVídeos

Ao ritmo dos globos e con “gusanitos” despiden o ano os cativos en Petín

O segundo obradoiro de Nadal levou á Casa da Cultura un batucado e a creación de maracas

 

Na mañá deste mércores 30 de decembro, os vintedous cativos inscritos nos Obradoiros de Nadal do Concello de Petín, asistían a unha festa moi especial organizada por Pinchacarneira Ocio Animación. Da man de Alba, experta en batucado (servizo integral de Educación Musical cunha metodoloxía propia a través de libros, música orixinal e actividades) e coa axuda das monitoras, os pequenos comezaban o segundo obradoiro do programa facendo unhas maracas moi especiais, con botellas de auga e moito brillo.

Ao longo das dúas horas e media que durou a actividade houbo tempo para as felicitacións, a música, o baile e tamén para despedir o ano 2020 dun xeito moi orixinal. Ao ritmo dos globos que ían estoupando sobre as horas dun reloxo pintado nun mural, os pequenos ían comendo “gusanitos” coma se das uvas se trataran. “Nun principio iamos facelo con Lacasitos pero hai un neno que ten intolerancia aos lácteos polo que decidimos cambiar de lambetada”, conta Susana dende Pinchacarneira, a encargada de “dar as campanadas”.

A seguinte cita, xa no novo ano, será o luns 4 de xaneiro coas “Olimpíadas en Petín” unha xornada lúdico-deportiva para os pequenos.

 

 

Fotos: Mónica G. Beller/ Pinchacarneira

Artigos relacionados

Back to top button