ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Apagado o incendio da subestación eléctrica do Barco

Rozando as 19h. quedaba apagado o incendio que se producía nesta tarde de 20 de agosto na subestación eléctrica que se encontra ubicada no acceso ao Barco dende A Proba, na avenida de Galicia. O lume nun transformador de aceite comezaba arredor das seis e media da tarde, momento no que por uns minutos a vila barquense quedábase sen luz, pero pouco despois recuperábase a enerxía eléctrica.

Ata o lugar do suceso acudía de inmediato a Garda Civil e a Policía Local, que cortaban o tráfico de vehículos dende a rotonda da Proba para garantir a seguridade, así como os bombeiros do parque comarcal e o GES Valdeorras. Apenas media hora despois, as chamas quedaban controladas e logo apagábase o lume.

A intensa fumareda negra deste incendio podía verse dende o centro do Barco.

Nesta galería de fotos poden verse diversos momentos deste incendio.


Máis fotos dos primeiros momentos do incendio:
https://osil.info/incendio-na-subestacion-electrica-situada-a-entrada-do-barco/

Artigos relacionados

Back to top button