ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Aparatoso accidente dun camión en Viana do Bolo

O seu condutor, que resultaba ferido, quedaba atrapado no interior do vehículo

Arredor das seis e media da tarde deste venres 19 outubro un home resultaba ferido despois de envorcar o camión que conducía en Viana do Bolo. Circulaba pola estrada OU-533 (A Rúa-A Gudiña), ao seu paso pola parroquia de Pradocabalos, cando o vehículo fíxolle tesoira e terminou envorcado. O accidente producíase no punto quilométrico 11.500 en sentido Viana e nel o condutor quedaba ademais atrapado no interior deste vehículo que transportaba alpacas.

Un particular alertaba deste accidente de tráfico ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia, dende onde se informou ao 061-Urxencias Sanitarias e aos membros do GES da Gudiña, que se desprazaron ao punto co equipo de excarceración. Ao mesmo tempo, persoal sanitario comunicaba ao 112 que o helicóptero medicalizado con base en Ourense se dirixía a ese punto.

“Os xestores do CIAE tamén informaron aos Bombeiros de Verín e, ademais, solicitaron a colaboración dos axentes de Tráfico, da Policía Local e a do persoal do servizo de mantemento da estrada”, segundo o 112 Galicia.

 

Artigos relacionados

Back to top button