ConcellosÚltima hora

Aparatoso accidente na N-120 en Ferreira de Pantón

 

Rozando ás oito da tarde deste domingo producíase un aparatoso accidente de tráfico na estrada N-120, subindo para Ferreira de Pantón (Lugo). Un vehículo que circulaba por unha estrada paralela chocaba contra un poste eléctrico cuxos cables acababan caíndo sobre a N-120 e arrancábanlle o capó a outro coche que, nese momento, circulaba por ela. Este vehículo saltou o valado e remataba sobre a outra estrada, deixando o capó no medio da N-120.

Pese ao aparatoso do suceso, segundo as primeiras informacións non houbo que lamentar danos persoais. Ata o lugar dos feitos desprazábase a Garda Civil de Tráfico.

Artigos relacionados

Back to top button