ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Aparece o corpo sen vida dunha muller baixo a ponte da Cigarrosa en Petín

A primeira hora desta mañá localizábase o corpo sen vida dunha muller, veciña de Petín, duns setenta anos nas rochas que hai baixo a Ponte da Cigarrosa, sobre o río Sil, que une os concellos da Rúa e Petín. Ata o lugar desprazánbase de inmediato os servizos de emerxencias, entre eles a Garda Civil, a Policía Local da Rúa, os bombeiros e o 061.

O acceso á ponte pechábase e acordoábase pola Garda Civil. Os traballos para tratar de sacar o cadáver da muller das rochas aínda desenvolvíase en torno ás once da maña. Un equipo de bombeiros a bordo dunha embarcación pneumática recuperaba o cadáver para a súa identificación.

“Segundo a información recibida no 112 Galicia a través da Garda Civil, o corpo foi avistado ás 9:30 horas desta mañá á altura da ponte pomana da Cigarrosa. Así, co fin de recuperar o cadáver, os axentes solicitaron a intervención dos efectivos do Parque de Bombeiros de Valdeorras, que mediante unha embarcación accederon ao corpo e o levaron ata a beira para a súa posterior identificación”, segundo informa o 112 Galicia, que tamén sinala que polo momento descoñécense as causas do falecemento.

Fotos: O SIL.

 

Artigos relacionados

Back to top button