A RúaConcellosÚltima hora

Aparece un brote familiar de covid na Rúa con 3 casos

Trátase de dúas mulleres de 66 e 45 anos e un home de 76 dunha mesma familia

 

A Consellería de Sanidade vén de notificar un brote familiar de covid na Rúa con tres casos: dúas mulleres de 66 e 45 anos e un home de 76. É o primeiro brote confirmado polo Sergas neste municipio valdeorrés tralo notificado no mes de agosto.

Xunto con este, Sanidade notifica outros dous brotes familiares na provincia: un en Paderne con 3 casos (un home de 85 anos e dúas mulleres de 76 e 49 anos); e outro en Outomuro-Ourense con 4 casos (dous homes de 53 e 52 anos e dúas mulleres de 74 e 51).

Tamén na provincia aumentan os brotes en tres concellos. En Ribadavia, o brote con 14 casos pasa a 15 co positivo dunha moza de 18 anos: no Carballiño, o brote con 9 casos medra a 10, co diagnóstico dun neno de 10 anos. Neste mesmo concello o abrocho de 6 casos aumenta a 7 cun home de 27. E por último, obrote de Avión pasa a 5 afectados co diagnóstico dun mozo de 20 anos.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button