OurenseÚltima hora

Aparece un home falecido nas augas das Termas Romanas de Bande

Imaxe da zonas das termas romanas de Bande.

 

Dende o 112 Galicia vén de informarse de que un veciño atopaba esta mañá un corpo flotando nas augas das Termas Romanas de Bande. “Así o comunicou mediante a súa chamada ao servizo de emerxencias 112 Galicia cando estaban a piques de dar as doce do mediodía. Para efectuar o rescate do corpo, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias mandou aviso ao equipo do GES de Lobios e puxo os feitos en coñecemento dos axentes da Garda Civil”, segundo informa o 112 Galicia.

Ademais, informouse aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, “que valoraron enviar unha dotación a bordo do helicóptero medicalizado con base en Ourense, mais foi anulada ao confirmarse o falecemento da persoa. Agora, as forzas da orde tratan de aclarar as circunstancias do suceso”, segundo os datos do 112 Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button