En portadaÚltima hora

Aparece un niño secundario de velutina en Freixido de Arriba (Larouco)

Neste verán teñen sido localizados niños en practicamente toda Valdeorras, con excepción dos concellos de Carballeda, Petín e A Veiga
Imaxe do niño atopado en Freixido de Arriba, no concello de Larouco./ Foto cedida pola Asociación Valdeorresa de Apicultores.

Continúan aparecendo niños secundarios de Vespa velutina en Valdeorras. Tras os localizados no Barco e A Rúa, teñen sido tamén destruídos outros en puntos de municipios como Rubiá, Vilamartín e tamén no Bolo. Este último atopábase nunha nave situada nas proximidades do santuario das Ermitas e era retirado polos efectivos do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) Valdeorras.

 

Niño localizado nas Ermitas (O Bolo).

Onte 13 de agosto aparecía un novo niño, de forma alongada e grandes dimensións, en Freixido de Arriba (Larouco) que mobilizaba novamente ao GES Valdeorras, que o retiraba esa mesma noite. “Xa se descubriron niños en todo o val, excepto en Carballeda de Valdeorras, Petín e A Veiga”, asegura con preocupación Armando Rodríguez, presidente da Asociación Valddeorresa de Apicultores. De feito, está convencido de que aparecerán máis.

 

Outra imaxe do niño de Freixido antes da súa retirada./ Foto cedida pola Asociación Valdeorresa de Apicultores.

Artigos relacionados

Back to top button