EconomíaEconomíaÚltima hora

Aparecen novas raíñas de vespa velutina no Barco

Unha das raíñas de vespa velutina capturadas no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

Na mesma urbanización As Hortas do Barco na que o pasado sábado 28 de abril se atopaba unha raíña de vespa velutina nun niño primario, o primeiro de Valdeorras, están a aparecer máis. En concreto localizábanse outras dúas, unha delas era pillada recollendo néctar por un socio da Asociación Valdeorresa de Apicultores, sen embargo a outra lograba escapar.

O Concello do Barco en colaboración coa Asociación Valdeorresa de Apicultores, que preside Armando Rodríguez, vén de poñer en marcha unha campaña que inclúe un labor de divulgación e outro de trampeo de raíñas.

Máis información:
https://osil.info/o-barco-reacciona-ante-a-chegada-da-velutina-e-comeza-a-trampear/

Artigos relacionados

Back to top button