ConcellosÚltima hora

Aparecen novos niños de velutina en San Miguel de Outeiro (Vilamartín) e en Somoza (A Rúa)

Niño de Vespa velutina en San Miguel de Outeiro (Vilamartín)./ Foto cedida.

 

Cun tamaño considerable e a gran altura. Así é como están aparecendo os novos niños secundarios de Vespa velutina localizados nos últimos días na comarca de Valdeorras. Entre eles están un neutralizado hai pouco en San Miguel de Outeiro (Vilamartín) e no que foi preciso utilizar a pértega por estar a máis de 6 metros de altura. É xa o cuarto que se encontra no municipio vilamartinés (os outros tres atopábanse no casco urbano).

 

Pértega usada na retirada do niño de velutina en San Miguel de Outeiro (Vilamartín)./ Foto cedida.

 

Un dos momentos da retirada do niño. /Foto cedida.

No caso da Rúa vén de localizarse outro niño secundario de velutina a gran altura en Somoza, cuxa retirada se fará en breve. “Os niños que están aparecendo agora teñen un tamaño máis grande e son máis alongados. Xa se desfixeron bastantes, pero seguen aparecendo máis e chegando máis notificacións”, sinala o presidente da Asociación Valdeorresa de Apicultores, Armando Rodríguez.

Se se localiza un niño de velutina é necesario chamar ao 012 ou ao 112 para que se proceda á súa retirada.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close